52% dos fogares galegos chegan “con dificultade ou moita dificultade” a final de mes

Unha porcentaxe que aumentou a respecto do ano pasado e sitúase cinco puntos por riba de 47% que din chegar con facilidade ou moita facilidade.

fogares

Máis da metade dos fogares galegos recoñecen que chegar a fin de mes suponlles “dificultade” ou “moita dificultade”, segundo os datos do primeiro trimestre de ano recollidos na 'Enquisa conxuntural a fogares' do Instituto Galego de Estatística. En concreto é 41,86% o que chega "con dificultade" e 10,87% restante con "moita dificultade".

De por parte, 47% dos fogares afirman que chegan con facilidade ou con moita dificultade.  Neste trimestre baixan aqueles fogares que din chegar con dificultade (3,25 puntos) mentres aumentan os que falan de “moita dificultade” para acabar o mes (aumentou en 3,89 puntos).

Ademais, case 23% dos fogares din que non permitiron nestes tres meses ningún gasto “extra”. Un concepto que abrangue desde ir ao cine a ir de vacacións ou facer fronte a imprevistos, extras de alimentación, roupa ou calzado.

30% dos traballadores en Galiza non chega ao salario mínimo, cinco puntos máis que no inicio da crise. Un data do Estudo sobre ingresos salariais elaborado polo Gabinete de Economía da CIG e que constata o avance de precariedade laboral, o incremento das desigualdades entre persoas asalariadas e a importante perda de poder adquisitivo da poboación do noso país nestes anos

Comentarios