Euskal Herria lembra unha data en que a ultradereita quixo durante anos homenaxear Francisco Franco no seu cabodano segando a vida de destacados militantes da esquerda abertzale.
Era o ano 89, e a coalición HB decidira por primeira vez ocupar os seus escanos gañados nas urnas no Congreso dos Deputados. 21 de novembro ía ter lugar a sesión de investidura do presidente do Goberno central e o grupo de deputados e senadores abertzales atopábase a noite anterior nun restaurante de Madrid para preparar a xornada.
Nesas, dous homes entraron no local e emprendérona a tiros contra os independentistas, resultando asasinado Muguruza con tan só 31 anos. O tamén deputado Iñaki Esnaola, de 41 anos, ficou gravemente ferido.
Un dos detidos foi absolto e lidera organizacións de ultradereita
Detivéronse dous ultradereitistas, Ángel Duce e Ricardo Sáenz de Ynestrillas. O primeiro foi condenado en 1993 a 99 anos e oito meses de prisión e faleceu nin accidente de circulación anos máis tarde durante un permiso. Ynestrillas foi absolto por falla de probas e converteuse en fundador e líder de diversas formacións fascistas.