Opinión

26M a clave galeguista

Entendo que os galegos e galegas estean cansos de campañas electorais, entendo tamén que estean frustrados. Galicia unha nación histórica, a de maior identidade, non está representada no Congreso dos Deputados.

Antes de falar do 26M vou facer unha reflexión, está Galicia condenada a ter que ser presa e vítima do “efecto Pontón”? A formación nacionalista na súa campaña permanente de vender unha mellora interna negou unha coalición de partidos galegos nas xerais. O resultado é o mesmo que o de CxG ou En Marea, 0 deputados, cero defensa de Galicia en Madrid.

Esta situación non pode repetirse en Bruxelas, por iso teño a convicción de pedir o voto que poida pór un galego na acción do Parlamento Europeo, ese voto é a Compromiso por Galicia en Galicia e a coalición CEUS para o resto do Estado. Porque somos a única forza capaz de chegar directamente a ter escano. Non lle escapa a ninguén que é en Bruxelas e Estrasburgo onde se toman a decisións que máis inflúen no noso país.

CxG é unha forza progresista no social e con sentidiño no económico, unha forza que xa tivo accións importantes en Bruxelas da man de Izaskun Bilbao, pero queremos ter voz propia. Respectamos o Estado español, sempre que este respecte a Galicia. Queremos que Europa sexa o noso Estado.

O 26M temos tamén locais, e temos un modelo de xestión, o modelo Lalín, da man do noso alcalde Rafa Cuiña. Unha política de diálogo de pacto e de participación directa dos veciños, que cambiou o rural e puxo as persoas no centro, solucionando a solvencia do concello. Esa é a xestión de CxG, o medíbel non é cuestionábel.

Moitos homes e mulleres están explicando o noso proxecto para máis de 1.000.000 de veciños e veciñas. Para eles un 10, ningún insulto en campaña, ningún “e ti máis” só xente normal, galegos de corazón e pensando o mellor para os seus veciños, iso é CxG por iso pedimos o voso voto, porque “coa vosa confianza, Galicia é o que importa”. Grazas.   

Comentarios