Un surto da Covid-19 detectado no Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela, está a afectar un total 36 persoas, dos que 17 son traballadores do centro e 19 pacientes.
Segundo fontes da área sanitaria de Santiago, o primeiro caso foi detectado na noite do 11 de xaneiro, cando un paciente deu positivo.
Ante iso, segundo sinalan estas fontes, realizouse un primeiro cribado a todo o persoal e pacientes do centro xa o día 12.
Desde esa xornada, realizáronse un total de catro cribados máis para detectar posíbeis casos, que foi cando se rexistraron os positivos de 17 traballadores e 19 pacientes.
En concreto, no Hospital Psiquiátrico de Conxo reciben atención unhas 200 persoas e outros tantos traballadores.
Visitas restrinxidas
Segundo explicaron esas mesmas fontes, que detallan que debido á situación sanitaria se restrinxiron as saídas dos pacientes así como as visitas.
A área sanitaria de Santiago subliña que desde o inicio da pandemia s puxo en marcha un plan específico de continxencia e prevención neste centro, onde tamén se levou a cabo a formación dos profesionais.