"Hai facultativos de vacacións coas axendas bloqueadas, é dicir, os seus doentes non teñen citá até despois dunha ou de dúas semanas", afirma a presidenta da comisión, María Teresa Macías.
As e os traballadores denuncian o colapso do sistema e atribúeno á falta de efectivos humanos, isto é, á política de contratación do SERGAS. O instituto público di que contratou todos os profesionais disponíbeis para cubriren as baixas por ferias. Se non hai máis é porque as condicións contractuais que se ofertan son moi precarias, replican desde a comisión.
Ao estar así a atención primaria, moitas persoas doentes optan por iren aos Puntos de Atención Continuada (PAC) ou directamente aos servizos de urxencia hospitalarios, o que incrementa a saturación do sistema.
Solucións? Para as e os traballadores, pasan por que as profesionais que se achan nas listas de substitucións podan ter "vínculos estábeis", e non precarios, co SERGAS.