“Os militantes decidirán quen ten que presidir o PP de Ourense”

Na súa comparecencia perante a imprensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo abre dúbidas a respecto do futuro liderado do PP de Ourense.
O presidente da Xunta despois do Consello da Xunta

“José Luís Baltar tomou a mellor decisión, tarde ou cedo o partido estaría implicado nesa situación”. O presidente da Xunta e líder del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, aplaude a decisión do ex-presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, de cesar como militante do seu partido. Recoñece que mantivo conversas co actual presidente da Deputación e dos populares ourensáns, Manuel Baltar, sobre este tema. “É normal que falemos dun asunto como este de tanta transcendencia”, asegurou.

Entre as declaracións á imprensa despois do Consello da Xunta, Feijóo chegou a dicir que o PPdeG “pedira a suspensión de militancia” de Baltar, unha afirmación que desmentía minutos despois cando se lle requeriu sobre esta cuestión. Ao redor da continuidade de Manuel Baltar como presidente provincial do PPdeG, Feijóo afirmou que “este cuatrimestre terán lugar os congresos pronviciais e serán os militantes os que decidan quen queren como presidente”.

Currás, un caso aparte

Preguntado polo caso do actual alcalde de Compostela, Ángel Currás, o líder dos populares asegurou que este caso “era diferente”. Feijóo dixo que agardarán a despois do interrogatorio nos xulgados para actuar. “Logo veremos de tomar a decisión que corresponda”.

Comentarios