"Ardalén" de Miguelanxo Prado, mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona

A novela gráfica, Ardalén, de Miguelanxo Prado, vén de ser recoñecida por un xurado de profesionais como Mellor Obra de Autor ESSpañol na XXXI edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor tardou nove anos en publicar esta novela que recibiu o Premio das Librarías Especializadas e que o próximo luns lanzará a súa segunda edición. 

Miguel Anxo Prado
photo_camera Foto: Aldara Prado

O premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona confirma a novela gráfica de Miguelanxo Prado como unha obra que consolida a súa xa exitosa traxectoria. No seu último álbum, o autor ofrece o que considera a súa obra de máis marcada referencia galega, co tema da memoria como trabe narrativa da novela. A obra foi publicada por El Patito Editorial, o selo de Genma Sesar e Fausto Isorna que creou unha colección para sacar do prelo a obra completa en galego do autor da Coruña. Director de Viñetas desde o Atlántico, o festival que inaugurou na Coruña en 1998, Miguelanxo Prado ten unha traxectoria de grandes sucesos no mundo da banda deseñada, con títulos de referencia como Trazos de xiz ou De profundis. 

Comentarios