‘Franquismo após Franco’: unha lectura da cicatriz corenta e dous anos despois

O Parlamento Europeo acolle unha xornada de debate sobre a memoria histórica e a pervivencia do franquismo no réxime actual onde o pazo de Meirás dominou o primeiro panel

franquismo post franco bruxelas

Corenta e dous anos despois da morte do ditador Francisco Franco e unha década despois da aprobación da lei pola memoria histórica que procuraría limpar esa época, a ferida segue sen poder cicatrizar. Esta segunda-feira 20 de outubro, o Parlamento Europeo acolleu a xornada Franquismo despois de Franco’, impulsada polos eurodeputados do BNG, Bildu, ERC e Compromís. O evento recibe máis dunha vintena de conferenciantes divididos en cinco paneis de debate.

Que pasaría se houbese unha fundación Hitler subvencionada con fondos públicos?” Ramón Cotarelo

Para comezar a ler esta cicatriz que aínda perdura estiveron o xornalista de Infolibre, Fernando Varela, o director da revista satírica El Jueves, Guillermo Martínez-Vela, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o profesor de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández-Prieto. Apresentados pola voceira do BNG Europa, Ana Miranda, os poñentes deron voz ás persistencias e continuidade institucional do franquismo.

DPFVboAW4AA90ge

Logo dunhas palabras de recoñecemento aos presos políticos da Generalitat, o catedrático de Ciencias Políticas Ramón Cotarelo diserta sobre o franquismo no Estado español actual. “En primeiro lugar hai unha demostración práctica da pervivencia do franquismo en termos iconográficos e simbólicos”, declara. Fai alusión á Fundación Franco, que a día de hoxe percibe financiamento público a día de hoxe, amais do resto de monumentos simbólicos que aínda continúan a fortalecer un certo discurso. “Que pasaría se houbese unha fundación Hitler subvencionada con fondos públicos?”, retruca Cotarelo, quen deu en chamar ‘o Valhalla de Franco’ ao Valle de los Caídos.

Guillermo Martínez (El Jueves) fai súa a reivindicación pola liberdade de expresión e compara o papel da sátira nunha democracia “coa función dun canario nunha mina de carbón”

Porén, en termos empíricos, o académico resalta a impostadura do Estado de Dereito, que toma forma cun “servilismo da maior parte da oposición parlamentaria” e cun “control total dos medios de comunicación”. “Isto conséguese grazas a unha administración pública neofranquista, un capitalismo corrupto e un nacional catolicismo que é un estado dentro do estado”, conclúe.

O humor, termómetro da democracia

Recolle o turno de palabra o director de El Jueves, Guillermo Martínez-Vela quen pasou recentemente polos tribunais por causa dunha querella da Policía Nacional contra unha portada da publicación. Martínez-Vela fai súa a reivindicación pola liberdade de expresión e compara o papel da sátira nunha democracia “coa función dun canario nunha mina de carbón”.

Meirás e ese simbolo dun macroespolio (Goretti Sanmartin)

“Cando o paxaro marcha, significa que a calidade democrática baixa estrepitosamente, e agora non diría que o canario está mal, mais desde logo está comezando a tusir”, bromea o debuxante. Remata,non obstante, cunha nota de esperanza ao destacar que “a xente, o pobo, entende perfectamente que isto é liberdade de expresión, e apoia este tipo de sátiras”. 

Meirás, exemplo da pervivencia institucional do franquismo

Chega entón o prato forte do panel,cando a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, toma a palabra para falar do pazo de Meirás, cuxo caso é paradigmático. Logo de narrar a historia deste lugar patrimonial, que pasou á titularidade dos Franco logo dun “expolio á poboación” do lugar, Sanmartín menciona a polémica do pasado verán, cando a Fundación Francisco Franco publicou un comunicado.

“Como identificar o pasado incómodo de España?”, pregunta Fernández-Prieto.

Nel, facía un xogo dialéctico da fundación para ligar a Deputación da Coruña como promotora deste “espolio” que rematou por construir “a estrada máis bonita de Europa, a que se fixo con parcelas colindantes” para que o ditador pudiese ir ata a súa casa de verán.

“Meirás e ese simbolo dun macroespolio, sabemos que non é o único que teñen os Franco, quen tamén posúen a Casa Cornide, na cidade vella da Coruña, onde tamén conviviron outros bens patrimoniais, como as dúas figuras do século XII do Mestre Mateo”, denunciou a nacionalista.

Rematou a rolda de palabras o profesor Lourenzo Fernández-Prieto, quen falou sobre “O apagón do franquismo”. Desde o atril, radiografiou o discurso hexemónico do discurso pos-franquista. “Como identificar o pasado incómodo de España?”, pregunta Fernández-Prieto. O historiador explica que isto pasa por entender a xenealoxía xenocida, que se basea nun pacto de sangue, á que remite o franquismo. “Hai que entender e resignificar”, afirma. “O día que vexamos isto, teremos gañado unha batalla á memoria e ao esquecemento, que tamén é cousa nosa”, conclúe.

Comentarios