Suso De Toro
Suso De Toro

Darío Villanueva lanza unha luva

Semella que Darío Villanueva tras o seu paso pola dirección da RAE descansou e, xa folgado e con forzas renovadas, sae ao torreiro dos debates públicos e propón un desafío intelectual. Non lin, aínda, o seu libro  Poderes de la palabra  (Galaxia Gutenberg, 2023) mais hai que lle dar crédito previo pois Villanueva non é simplemente “un catedrático” ou “un...

Escritores madrileñ@s en misión a "provincias"

Escribir e publicar en lingua galega é un acto político. Sabémolo nós e sábeno eles. É un acto de resistencia fronte a un poder hostil, un acto de afirmación da existencia colectiva dun pobo que quere existir no mundo e na historia, que quere afirmar unha nación. E iso é contra quen nega o dereito a esa existencia. Os súbditos do Reino de España actual temos por lei a...

"As bestas" e nós

Vivimos en sociedade e en toda sociedade existe ideoloxía dominante, e ideoloxías alternativas ou cuestionadoras. O Reino de España, a nación española realizada, amañece cada día e reconstrúese nacionalista. O nacionalismo españolista, xerárquico militarista e excluínte, é incesante e circula por todas partes e a todos os niveis. O ano pasado unha xuíza de Marbella...

Un elo dunha cadea necesaria

Hai uns días un historiador amigo díxome de pasada, "e vai deixando xa a Baltar...". E tamén hai uns días outra amiga sorprendeuse e desagradoulle que establecese unha relación, "comparación" dicía ela, entre o querido don Benito Varela Jácome e Ramón Baltar. Que terá Baltar que a súa amizade non procuran? A miña explicación é que recoñecer a súa existencia, a súa...

A redacción de Félix. A de María

A historia do xornalismo na Galiza ten a súa historia que contar. Eu, que nunca fun xornalista de profesión, sempre tiven tratos con ese mundo imaxinario. Primeiro como neno lector de xornal e logo entrando no estudo de Radio Galicia “EAJ4”, cando xa tiña uns quince anos e xa con dezaoito levando notas de prensa da insumisión ao delegado de La Voz de Galicia en...

O PSOE aquí (e González Laxe, Pérez Touriño)

Hai un par de días anoxeime cun político mozo, un dirixente das Juventudes Socialistas de Aragón. O tal ponderaba se o PSOE debera dar os seus votos no parlamento galego para que presidise un goberno progresista Ana Pontón, BNG, ou se debera permitir que seguise a presidir Alfonso Rueda, PP. E eu non lle debera ter chamado o que lle chamei, pois que el ultrapasase todas as...

Caen as referencias

Quen comprende que debe reparar nas relacións de poder, atendendo ás relacións de dependencia e dominación coa conseguinte explotación sempre saberá como posicionarse ante cada conflito. Cada conflito pídenos esa análise tras procurar información. Mais para quen estea preso na ideoloxía dominante a vida é máis simple, non precisa análise propio e só debe obedecer as...

Sobre o crime do 'Garabelo'

Olla un cara atrás e encontra momentos nos que a vida puido ir cara un lado ou cara outro. Tamén nas decisión profesionais e artísticas, decisións que se tomaron e conduciron cara un lado e decisións que se poderían ter tomado e non se sabe cara onde terían levado.  Lembro que eu rexeitei unha proposta ben consistente editorialmente para escribir sobre un sucedido...

Nogueira, Mella e a exclusión do nacionalismo galego

Hai uns días condecoraron un amigo, Camilo Nogueira, cunha medalla co nome de Daniel Castelao, ninguén mellor para levala, xa dixen. Do mesmo modo que o recoñeceron hai un par de anos en Trasalba, baixo a sombra de Otero Pedrayo. E hai uns días fixeron o mesmo recoñecemento a Carlos Mella Carlos Mella, até hai uns días presidente da Fundación Castelao. Ambos reciben agora a...

Este mal clima noso, estes nosos caciques

Desde o principio dos anos 80, cando Madrid declarou que era “la hostia” e que Barcelona estaba caducada e mais era provinciana os galegos levamos recibido unha ollada conmiserativa, pobres galleguiñus que eran torpes y más franquistas y tenían caciques, mucho caciquismo había aquí, que le teníamos mucho atraso. No como allí que Tierno Galván y otros mendas eran guais y se...

Cidadán Camilo

A Xunta de Galicia decidiu que Camilo Nogueira Román merecía o galardón “Medalla Castelao”. Non son moitas as veces nas que concordamos coas decisións dos gobernos da Xunta, esta é unha delas. Precisamente porque a cidadanía galega no seu conxunto debe ter referencias que fagan ver que o pensamento político de Daniel Castelao é o que fundamenta un país de persoas...

E dalle coa "gheada"

Nin son filólogo nin teño titulo de Filoloxia, non teño autoridade nese campo e, dun modo máis xeral, non teño autoridade en cousa ningunha. Son un mero particular, aínda que utente da lingua galega e como é natural teño os meus pareceres, particulares e sen autoridade. E tamén sei que na vida social as ideoloxías estrutúrano todo, e que hai disciplinas académicas que...

A abondar aínda na figura de Ramón Piñeiro

Subín aquí un texto no que facía ver a necesidade dunha biografía completa, humana e política, un estudo da figura de Ramón Piñeiro. E quería facer ver que fora unha figura determinante, mesmo refundadora, no galeguismo. E como o seu labor deixou conformada a autonomía galega e a ideoloxía na que se sustenta tanto o sistema político como as institucións. Tamén...

Piñeirismo, unha herexía triunfante

O novo Presidente da Xunta, señor Rueda, invocou para ser investido Presidente da Xunta a benzón de Ramón Piñeiro. Como xa fixera repetidamente Feijóo e como fixeran antes Fraga e Fernández Albor. A figura de Piñeiro serviu e serve para lexitimar e abenzoar patriarcalmente estas décadas de autonomía baixo a constitución de 1978 interpretadas pola dereita española. Realmente...

As nosas letras, tan militantes

Como cada ano desde hai case corenta anos tamén desta vez direi que hai que buscar un modo diferente de celebrar a nosa lingua e literatura, as nosas letras. Que @s galeguistas, que somos quen instituíu e promove o día, debemos celebrar a súa vida e a súa vitalidade, pois limitarnos a mostrar as feridas é máis disuasorio que útil. Que o modo escollido para...

In Itinere

Puxera no reprodutor de CDs (aínda gasto diso, mesmo gasto vinilos...Buah, que vello vou) "Voices of Nature" de Alfred Schnittke, mais logo cambiei de idea, pola mañá preciso dalgún impulso, e mudei a "Os sons do Pórtico da Gloria" de "IN ITINERE". E que actuais e dinámicos seguen a ser os sons do noso Pórtico, tan sequera nesta interpretación dirixida por Carlos...

A pasear encontra un amig@s

CÓNTAME O DEPUTADO JOAN TARDÁ que en toda España unicamente houbo un Instituto de Ensino Medio chamado "Manuel Azaña". Foi en Getafe no ano 1976 ou 77, abríase mal que ben un tempo novo no que podiamos ter esperanzas. E dixen "houbo" porque posteriormente pasou a chamarse "Menéndez y Pelayo". Menéndez y Pelayo era un único individuo, foi director da Bibloteca Nacional...