Hai máis de dúas décadas comezaba un contencioso fronte ao Concello da Coruña no que A Mesa, baixo a magnífica dirección letrada do avogado Guillermo Garrido Collazo, instaba á institución que presidía Francisco Vázquez ao recoñecemento e utilización como nome oficial o de A Coruña no canto de “La Coruña*”. A polémica polo uso do topónimo deturpado dera lugar a unha fermosa...
Dedicado as alumnas e alumnos de Marga do Val, estímulo do blogue, no desexo de que un día sintan a necesidade de abrazar a nosa lingua.
“ Vaite afacendo á idea de que a túa filla mudará de lingua ”. Con esta resignación comezan todos os relatos de nais e pais de crianzas xa grandiñas que sufriron na escola a presión do castellano na escola. Quen criou en galego a súa...
Hai uns meses asistín a un xuízo no que interveu unha tradutora de portugués solicitada de oficio polo xulgado a SeproTec, a empresa adxudicataria do concurso convocado pola Consellaría de Xustiza para prestar servizos de tradución e interpretación nos xulgados.
O meu coñecemento da lingua portuguesa permitiume decatarme ao longo do xuízo de que a interpretación distaba...
Recentemente unha xuíza fíxome saber en sala que non gostara das miñas actuacións por escrito en galego e, saltando a Lei de Axuizamento Civil, ofrecía á avogada contraria a oportunidade de invocar indefensión para tratar de impedirme continuar en galego.
Inaudito.
O artigo 142.3 da Lei de Axuizamento Civil dispón que as partes, os seus procuradores e avogados, así...
O Día da Patria sempre é un día de reencontros, de conversas e de reflexións. Intercambiaba impresións cun pai sobre o galego na vida das nosas crianzas cando me explicou que a súa ensaiaba a xogar en español baixo o argumento de que “ é unha lingua moi potente ”.
Tócame advertir que o español non é unha lingua con potencia senón unha lingua de poder. Non é a súa...
Lembraba hai uns días Carlos Callón que foi en 1480 cando impuxeron aos aspirantes a escribáns a obriga de se examinaren en castellano.
Até entón a lingua das notarías en Galiza foi o galego con absoluta normalidade. Despois comezou o proceso de substitución da lingua galega nos documentos públicos que dura até os nosos días.
Aínda hoxe segue a considerarse unha...
Xa de pequena ía eu para ensaísta. Con menos de dez anos gañei un premio cunha redacción sobre a perda de transmisión xeracional da lingua galega.
Consciente de que falaba galego, eu non entendía as causas polas que nais e pais galegofalantes se dirixían ás fillas e aos fillos noutro idioma. Por que habían de renegar da súa propia lingua?
Para min era un fenómeno...
Hai quen defende, dende o castellano, que apostar pola norma reintegrada fará caer a venda dos ollos daqueles pais que ollan con desprezo o galego que aprenden as súas crianzas na escola, e que o potencial acceso a un mercado de millóns de falantes poñerá automaticamente fin á perda de transmisión lingüística interxeracional. Apúntase como única causa da perda de falantes o...
Análise da Sentenza do Tribunal Supremo sobre a Ordenanza do Uso do Galego na Administración Municipal de Lugo
A Sentenza, que ratifica os pronunciamentos da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ameaza a tímida incorporación do galego ás institucións locais.
Aínda coñecendo a situación de desvantaxe histórica que padece a...