De tinto a tinto

Analizamos os viños Alán de Val e Lobarzán
Os viños analizados (Foto: Vide, vide!).
photo_camera Os viños analizados (Foto: Vide, vide!).

Rematar o ano con tintos galegos

Oremate deste 2020 é un bo momento para suxerir a proba de tintos galegos e o apoio á produción agraria máis achegada a nós. Calquera persoa con hábitos gustativos "madeirizados" no consumo de crianzas doutras zonas, pode atopar pracer en tintos galegos elaborados en barrica. 

Castes Nobres ten un leve paso por barrica de carballo americano, achegando a complexidade da madeira sen tapar as notas primarias. Brancellao, caíño e sousón forma a combinación varietal desta obra dos irmáns Sánchez, procedente da finca A Costiña na Rúa, en Valdeorras.

Alán de Val Castes Nobres 2014 / DO Valdeorras / Alán de Val / 16 euros

O mundo dos "mencías" sen mencía

"Omencía" converteuse no viño tinto galego por antonomasia, pero é numerosísima a cantidade de variedades de uva tintas galegas, e de tintos sen a mencía. Hoxe temos como exemplos un plurivarietal (Castes Nobres) e un monovarietal de bastardo.

Bastardo ou merenzao usábase en mestura con outras para elevar o grao alcólico dos viños e mellorar a aromática. Nas elaboracións en solitario sorprende pola baixa intensidade de cor, con aparencias asalmoadas e agrada pola elegancia dos seus aromas e a súa finura. Riqueza de patrimonio vexetal!

Lobarzán Isaura Bastardo 2018 / DO Monterrei / Castro de Lobarzán / 27 euros

Máis en Viños
vinhos
star
Viños

Antollos

Comentarios