A cousa vai de viños brancos

Analizamos un viño Pazo de Valdeconde e o 'Nice to meet you' da Adega Castro Rey

O encanto multivarietal dos viños brancos

Godello, treixadura e albariño. Como pedilo? Un godello? Mellor un Monterrei branco! A zona sempre domina no gusto do viño, máis que a variedade. Con máis variedades o viño xa trae máis equilibrio e complexidade da viña. Conxuga distintos matices de distintas uvas.

Unha adega pequena, familiar, artesanal, con viñas propias ben coidadas, man profesional e agarimo. Boa uva, o principal potencial para un bo viño. Este é moi rico. Cunha estrutura media, ideal para a copa do aperitivo e xa para sentarse a comer.

Fica inaugurada a tempada de brancos!

Setembro 2019 / DO Monterrei / Adega Pazo de Valdeconde / 7 euros
 

Brancos con tempo, bébense mellor

A botella chama a atención polas súas cores, cada ano unha distinta. E pola súa forma, o modelo Rhin típico de rieslings alemáns que inaugurou a andadura de albariños míticos. O Nice merece xa un posto distinguido entre os brancos galegos. Moderno e internacional, cada ano tamén homenaxea distintos lugares do mundo importantes para a adega. 

–Todo márketing? –De que vas!? Un viño moi chulo! Tamén albariño, godello e treixadura, en cepas de 50 anos. Cun ano de crianza sobre lías. O do ano era mentira, os brancos bos, tamén melloran co tempo. So nice!

Nice to Meet You 2016 / DO Rías Baixas / Adega Castro Brey / 14 euros
 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Viños
comentarios