Bruxelas dita o futuro de NGB: en 2017, venda ou liquidación

Buxelas inxectará 5.400 millóns de euros en axudas a Novagalicia Banco que a cambio terá que reducir o seu tamaño nun 60% até 2017. Os despedimentos (pola volta duns 2.000) e fortes quitas a titulares das preferentes estarían na folla de ruta da UE para a entidade financeira

Novagalicia Banca deberá reducir os seus activos nun 60% até 2017. Unha data na que esta entidade nacionalizada ou ben terá que ser vendida ou ben proceder á súa liquidación ordenada. A folla de ruta imposta por Bruxelas contemplaría un forte recorte de plantel (2.000 traballadores e traballadoras) e imporía fortes quitas aos titulares das preferentes, que serviría para reducir a factura das axudas do estado. E tamén terá que recortar á metade a rede de oficinas que ten esta entidade.

 O comisario europeo de Competencia, Joaquín Amunia, sinalou que o que se pretende é que estas entidades, como NGB, se centren na súa rexión, abandonen actividades de risco, como o crédito ao sector promotor, e que se adiquen ao negocio minorista. Tamén deberán vender as súas participacións industriais e destinar os fondos obtidos con estes recortes a rebaixar a factura pública.

Almunia mostrouse moi crítico cos responsábeis da xestión das entidades financeiras que obrigaron a ser nacionalizadas (NGB, Bankia, Catalunya Caixa e Banco de Valencia)

Comentarios