domingo 12.07.2020

A xustiza recoñece ao persoal das residencias privadas na Galiza o descanso semanal de 48 horas e a compensación dos festivos traballados

CIG, CCOO e UGT presentaran un conflito colectivo.

Protesto de persoal das residencias privadas (CIG)
Protesto de persoal das residencias privadas (CIG)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu sentenza sobre o conflito colectivo presentado polas centrais sindicais CIG, CCOO e UGT dando a razón ás reivindicacións da parte social a respecto do descanso semanal e do sistema de compensación polos festivos traballados no sector das residencias privadas de maiores de Galiza.

Segundo informa a central nacionalista, o TSXG considera que a empresa, cando non compense economicamente os festivos traballados, nin conxuntamente 12 festivos traballados, debe compensar cada festivo a razón de 1,3 xornadas laborais no suposto de acumulación coas vacacións anuais, ou no caso de goce independente ou acumulado inferior a 12 días festivos traballados, conforme ao establecido no propio convenio colectivo.

Así mesmo, na sentenza recoñécese que o dereito ao descanso semanal de día e medio que lle corresponde as traballadoras e traballadores terá que ser de 48 horas, evitando desta maneira solapar as 12 horas de descanso ao rematar a xornada.

A xustiza recoñece ao persoal das residencias privadas na Galiza o descanso semanal de...
comentarios