“A Xunta non pode permitir que Ferroatlántica faga o que lle pete”

Representantes do persoal das factorías en Cee e Dumbría piden ao conselleiro de Industria que “faga valer” as cláusulas concesionais para frear o ERTE.

 

comite ferratlantica cig conselleiro industria

A dirección de Ferroatlántica anunciou un expediente temporal de regulación de emprego para as súas factorías, unha medida coa que, sospeitan do cadro de persoal, o grupo pretenden ““eliminar” determinadas unidades produtivas entre as que estarían as galegas.

Representantes do persoal das factorías de Cee e Dumbría e o secretario xeral da CIG, Paulo carril, mantiveron unha reunión co conselleiro de Industria, xuntanza  na que demandaron a implicación do goberno galego na loita contra o ERTE e que a Xunta faga valer as cláusulas concesionais das centrais hidroeléctricas como garante da viabilidade do complexo industrial e do emprego.

Nesta liña, piden ao executivo que abra un expediente informativo para comprobar o grao de cumprimento das cláusulas concesionais, tendo en conta o volume de emprego que xa está afectado pola decisión da empresa de pechar dos dous fornos (que están sen activade dende o 1 xaneiro) e o impacto que ten o traslado a outras plantas do Grupo da produción que até agora se facía en Brens.

"A Xunta non pode consentir que Ferroatlántica faga o que lle pete, como ocorreu cando, nada máis coñecer a resolución inicial da administración negando a venda das centrais, a empresa, con total descaro, deixou sen efecto o tan cacarexado plan industrial e levou para fóra proxectos industriais que terían que ser desenvolvidos en Galiza", subliñan desde a representación social.

Comentarios