mércores 28/10/20

A Xunta non deixa teletraballar máis de catro días seguidos

Facenda remite o borrador do teletraballo na Administración galega aos sindicatos para que presenten alegacións coa intención de consensuar un texto a semana que vén.
xunta benito cordal pontevedra
xunta benito cordal pontevedra

O persoal funcionario da Xunta non poderá teletraballar unha semana completa e como máximo poderán acollerse a esta opción a metade das xornadas mensuais. Así se desprende do borrador de acordo sobre a prestación de servizos nesta modalidade elaborado pola Consellaría de Facenda e remitido nesta sexta feira, 16 de outubro, aos sindicatos para o seu estudo e, no seu caso, presentar alegacións ao mesmo. 

O texto recolle que, con carácter xeral, a xornada diaria de traballo "non poderá fraccionarse para ser prestada en ambas as modalidades", e tamén sinala que "un día de cada semana todo o cadro de persoal da unidade prestará servizos de forma presencial simultaneamente".

A modalidade de teletraballo será voluntaria e reversíbel

 Outro dos aspectos contemplados no borrador, ao que poderán alegar os sindicatos até o vindeiro mércores, antes de sentar a negociar coa Xunta un texto de consenso, que as unidades administrativas contarán con presenza diaria mínima obrigatoria de 40% dos seus efectivos

A modalidade de teletraballo será voluntaria e reversíbel, tanto para o empregado ou empregada pública que o solicite como para a Administración. A autorización terá duración dun ano e prorrogarase automaticamente nas mesmas condicións mentres persistan as circunstancias que deron lugar a esa autorización, sinal a proposta.

O teletraballo será compatíbel en calquera das modalidades horarias ─ordinaria, flexible ou especial─ permitidas. Os días nos que se desenvolva a modalidade de teletraballo, o horario de referencia para as persoas que teñan autorizado o horario flexíbel de conciliación familiar e laboral será o comprendido entre as 9 e as 14 horas.

Respecto das restricións, esta modalidade non poderá aplicarse naqueles postos cunhas funcións que esixan "necesariamente" a prestación de servizos presenciais, é dicir, aqueles nos que a prestación efectiva só quede garantida coa presenza física do empregado público. En todo caso, atópanse neste apartado os postos de persoal non docente, o destinado en residencias e centros de atención a persoas maiores e con diversidade funcional, centros de recepción e acollida de menores, centros especializados en atención a maiores, etc.

comentarios