A Xunta ve irregularidades na negociación do ERE de Vestas

A Xunta confía en que a impugnación do ERE de Vestas permita que se declare nulo "por mala fe"
Traballadores de Vestas na marcha que realizaron o pasado 5 de outubro (Foto: Arxina).
photo_camera Traballadores de Vestas na marcha que realizaron o pasado 5 de outubro (Foto: Arxina).

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, afirmou que durante o proceso de negociación do ERE de Vestas identificáronse "varias irregularidades" por parte da empresa, polo que se realizaron tres advertencias que reflicten a "mala fe" da compañía.

En resposta a unha pregunta do PSdeG na Comisión de Industria, citou entre elas a "rapidez" coa que a empresa finalizou o período de negociación, sen compasalo ao funcionamento da mesa industrial para buscar comprador, posto que Vestas "quere o feche o máis rápido posíbel" para "saír de Lugo sen problema".

Mancha lembrou que a decena de avisos que se realizaron no seu día a Alcoa durante a negociación do ERE foron "puntuais" na sentenza do Supremo para a anulación do expediente.

Nesta liña, confía en que a demanda que se interporá no caso de Vestas "chegue a bo porto" e se considere "nulo" o despedimento colectivo.

Á busca de compradores 

Pola súa banda, a parlamentaria do PSdeG, Patricia Otero, sinalou que agarda que "mala fe" de Vestas, amosada xa desde o momento en que comunicou a decisión de fechar a factoría de Chavín (Viveiro) a pesar de ter pedidos en carteira, "sexa referendada polos tribunais".

Na súa interpelación na Comisión de Industria, a deputada socialista aproveitou para reclamar medidas á Xunta ante o "problema xeral" que vive a industria na Mariña. 

Así remarcou que o Goberno galego ten "competencias exclusivas en industria" que non está a exercer, xa que segue a botar as culpas da crise industrial ás decisións do Goberno estatal.

Comentarios