A Xunta deixa sen efecto os servizos mínimos para a greve na xustiza

greve xustiza imaxe AX

O Diario Oficial de Galiza (DOG) vén de publicar unha orde pola que deixa sen efecto os servizos mínimos fixados en febreiro para a convocatoria de greve indefinida dos traballadores e traballadoras da administración de xustiza, convocada no seu día polas sete organizacións sindicais con representación no sector.

Tres desas sete organización abandonaron o comité de greve, CCOO, UXT e USO. Estas tres centrais tamén seadheriron á última oferta dfa administración (rexeitada en referendo por 53% dos traballadores e traballadoras). Os sindicatos que manteñen actividade no comité indicaron, ademais, que se "interrompía" a greve mais matizando que non a desconvocaban

Na situación actual, a Xunta considera que, dada a "interrupción" da grevea anunciada polo comité e o "masivo reinicio" da actividade por parte dos traballadores, non se considera precisa a fixación dunsservizos mínimos.

Comentarios