O xulgado suspende entrada en prisión dos 2 traballadores condenados por formar parte dun piquete en 2008

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo vén de notificar a “suspensión do cumprimento da sentenza executoria” pola que resultaron condenados a tres anos de prisión ambos os dous traballadores Serafín Rodríguez e Carlos Rivas “mentres se tramita e non se resolva o expediente de solicitude de indulto”. 

serafin carlos indulto
photo_camera serafin carlos indulto

A mobilización social deu os seus primeiros froitos: O Xulgado do Penal número 1 de Vigo acordou a “suspensión do cumprimento da sentenza executoria” pola que resultaron condenados a tres anos de prisión os traballadores Serafín Rodríguez e Carlos Rivas “mentres se tramita e non se resolva o expediente de solicitude de indulto” polo Consello de Ministros polo Consello de Ministros.

A xuíza lembra na súa resolución que a lexislación establece que a petición de indulto non suspenderá o cumprimento da sentenza, mais motiva a decisión “atendendo ás circunstancias actuais concorrentes en relación ao condenado, ao delito e á natureza e duración da pena a executar, e en particular as sobrevidas tras a denegación de indulto, tal como instancias solicitadas e resolución da Sala Terceira do T.S.”

Solidariedade

Carlos Rivas e Serafín Rodríguez estaban a piques de entrar na prisión de A Lama. Foran condenados a tres anos de prisión cada un por entender a xustiza que eran responsábeis “dun delito contra o dereito dos traballadores”. O motivo? Participar nun piquete informativo durante a folga do transporte de mercadurías de abril de 2008 na provincia de Pontevedra. O xulgado de Vigo aplicoulles a pena máxima posíbel e en 2011 a Audiencia de Pontevedra ratificou o fallo.

Nestas últimas semanas decorreran diversas iniciativas demandando o indulto para estes dous traballadores. Así, e malia intensa choiva, máis de 5.000 persoas se manifestaron en Vigo a principios de febreiro en apoio ao indulto. O propio parlamento galego dera o apoio a unha iniciativa do BNG e por unanimidade acordara solicitar o indulto.

Comentarios