Un xulgado condena Alu Ibérica por vulneración do dereito á liberdade sindical

Na factoría da Coruña
Concentración onte na praza da antiga Audiencia Provincial na Coruña para denunciar persecución sindical de Alu Ibérica (Nós Diario)
photo_camera Concentración onte na praza da antiga Audiencia Provincial na Coruña para denunciar persecución sindical de Alu Ibérica (Nós Diario)

O Xulgado do Social número 1 da Coruña condenou Alu Ibérica por lesionar o dereito fundamental á liberdade sindical na súa vertente do dereito á folga, após estimar os argumentos dos sindicatos CCOO, UXT e CIG e do comité de folga após a convocatoria da mesma o pasado 26 de decembro polo despedimento dunha compañeira.

Na sentenza, que se pode recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), ordénase "o cesamento inmediato do comportamento vulnerador dos dereitos fundamentais conculcados pola parte demandante, permitíndose ao comité de folga o acceso ao centro de traballo a fin de poder exercer todas aquelas funcións e obrigacións que lle son propias".

Ademais, condena á demandada a abonar a cada un dos sindicatos demandantes e cada un dos membros do comité de folga unha indemnización por importe de 6.250 euros "como resarcimiento polos danos e prexuízos provocados por tal actividade vulneradora de dereitos".

Entre outros argumentos, a sentenza sostén que está acreditado que a demandada "impediu" o exercicio dos seus dereitos "a todos os membros do comité de folga, xa que desde o día 26 de decembro de 2020 dá ordes expresas para impedir que ningún dos seus integrantes poidan acceder ao centro de traballo e aos locais sindicais, sen que se atope xustificado o seu proceder". Para iso, remítese ao manifestado en xuízo polo inspector actuante neste caso.

"Intromisión"

Da actuación da empresa, indica que "constitúe unha intromisión ilexítima do dereito de folga e frustra as lexítimas expectativas que son inherentes a esta medida de conflito colectivo avocando aos demandantes á interposición dunha demanda".

O despedimento do presidente e de varios membros do comité de empresa de Alu Ibérica marcou un punto de inflexión na búsqueda dunha solución á situación que vive a fábrica da antiga Alcoa na Coruña. Nesa lila. a pasada seta feira os secretarios xerais da CIG, CCOO e UXT anunciaban o inicio dunha voaga de mobilizacións e unha "gran manifestación" na cidade da Coruña para o vindeiro día 27 de marzo.

Comentarios