O Xulgado abre dilixencias penais contra a cúpula de El Corte Inglés de Santiago a raíz dun caso de acoso sexual

O xefe de planta do centro comercial na capital galega, e presunto acosador sexual, a xuízo penal esta cuarta feira. 

large_corte_ingles_compostela

O xuízo penal contra o xefe de planta do Corte Inglés de Santiago de Compostela, denunciado por unha traballadora do centro comercial por acoso sexual, terá lugar esta cuarta feira, 5 de febreiro, ás 10:00 horas no xulgado de instrución nº 1 de Fontiñas.

Ademais, informa a CIG, o xulgado de Instrución nº 3 de Santiago abriu dilixencias penais fronte á cúpula do Corte Inglés na cidade e fronte ao seu Director na Galiza, “sinalando para os próximos días 24 e 26 de marzo a celebración, en calidade de investigados, do xirector e mais do xefe de persoal do centro así como de dous dos xefes territoriais”.

As actuacións xudiciais foron iniciadas a partir das denuncias presentadas por unha traballadora e máis a súa parella, tamén traballadora do Corte Inglés, representadas polo letrado Mariano Sierra e que, indica a central nacionalista, “se viron obrigados a rescindir a súa relación laboral ante a pasividade e as presións exercidas pola cúpula directiva que serán agora investigados por esas actuacións”.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza xa ratificou a existencia de acoso antes de entrar o caso na vía penal. Por iso, a CIG-Servizos agarda que a sentenza que se dite tras deste xuízo “sexa exemplar para que tanto o Corte Inglés como o resto das empresas tomen nota e comecen a tomarse en serio as situacións de acoso que, por desgraza se producen no día a día no mundo laboral”.

Comentarios