Xabier Picón, novo secretario nacional da CIG-Administración Pública

Nova executica da CIG-Administración Pública
photo_camera Nova executiva da CIG-Administración Pública

Xabier Picón Picallos substitúe como novo secretario nacional da CIG-Administración Pública a Maricarme López Santamariña. Así se decidiu no VII congreso desta federación, que decorreu en Ferrol baixo o lema “Servizos Públicos, Soberanía, Democracia”. Tamén se escolleu a nova Executiva Federal e aos membros que representarán a federación no Consello Confederal.

O novo secretario federal lanzou un chamado a recuperar a negociación colectiva como mellor ferramenta para a  defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores das administracións. Instou a combater a taxa de reposición, a loitar contra a precarización instalada nas administracións, marcadas pola temporalidade e a degradación das condicións laborais, e a perda de emprego de case 10.000 prazas. Animou a combater os acordos estatais e galego para a suposta mellora do emprego público “e que na realidade referenda o 50% da taxa xeral de reposición e supón a morte de moitos servizos públicos”. 

Comentarios