UXT non apoia a greve da CIG porque unha folga só galega "non daría resultado"

A convocatoria de greve geral feita pola CIG para o próximo 19 de xuño non vai ter o respaldo dos sindicatos de ámbito estatal. Así o puxo de relevo con toda clareza este domingo o secretario xeral de UXT, José Antonio Gómez.

UGT UXT
photo_camera Gómez, no centro da imaxe, nun momento do 12 congreso da UXT

O argumento de Gómez, expresado este domingo nunha entrevista en RNE, é que unha greve limitada só ao ámbito territorial galego non daría "resultado" e, alén do máis, os seus efeitos serían prexudiciais para "cidadáns e traballadores".

A mellora das "condicións de traballo e de vida das persoas", razoou Gómez, non se pode lograr desde un "ámbito territorial" -dixo en alusión a Galiza- que "depende do conxunto do estado".

"Para problemas globais hai que formular solucións globais", dixo o secretario xeral de UXT, para quen as mobilizacións do pasado 1 de maio supuxeron un "ponto de inflexión" a partir do cal o que cómpre é "facer un último chamado ao diálogo" coa patronal.

Comentarios