TSXG anula unha sentenza dun xulgado que desestimou unha demanda por conciliación dunha traballadora de Stellantis

A traballadora veu " arbitrariamente denegado" o seu dereito para reconducir a súa redución de xornada diaria "do 50 ao 62,5%" segundo as súas novas necesidades de conciliación.
Un operario traballa na planta de Stellantis en Vigo: Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press
photo_camera Un operario traballa na planta de Stellantis en Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)

CUT informou de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) estimou un recurso de suplicación dunha afiliada e instou o Xulgado do Social número 4 de Reforzo de Vigo a ditar unha nova sentenza en materia de conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

O TSXG considera nula a sentenza número 212/2021 ditada o 3 de maio, que desestimou unha demanda dunha traballadora contra Peugeot Citroën Automóbiles España S.A.

A traballadora solicitaba que se declarase o seu dereito para reducir xornada conforme ás súas necesidades de conciliación particulares e que se declarase vulnerado o seu dereito fundamental á igualdade ao non recibir "resposta razoábel" por parte da empresa.

Engade que tamén veu " obstruída" a súa petición co argumento de que "os acordos existentes na empresa impiden a libre determinación da redución de xornadas de persoal"

Segundo relata o sindicato, a traballadora veu " arbitrariamente denegado" o seu dereito para reconducir a súa redución de xornada diaria "do 50 ao 62,5%" segundo as súas novas necesidades de conciliación.

Engade que tamén veu " obstruída" a súa petición co argumento de que "os acordos existentes na empresa impiden a libre determinación da redución de xornadas de persoal".

Antecedentes

En xuño de 2019, o TSXG recoñecía o dereito dunha operaria da factoría de PSA Citroën en Vigo a elixir unha xornada laboral de segunda a sexta feira de 10:00 a 14:00 horas para conciliar a vida laboral e familiar. Unha sentenza “histórica”, afirmaba daquela a CUT, sindicato que presentou a demanda.

Esta central explicaba que a traballadora demandante precisaba “por conciliación” estar adscrita á quenda de maná e cun horario fixo de 10:00 a 14:00 horas mais a empresa non atendeu esa petición. A empresa, indica a CUT, botou man do acordo de xornada asinado por varios sindicatos e “obrigou a traballadora a escoller un dos horarios de dito acordo, en horarios rotativos de 06:00 a 12:00 e de 16:00 a 22:00 ou fixo de 12:00 a 16:00 horas”.

Comentarios