Transportistas volven encerrarse no Concello das Pontes e anuncian novas protestas: "Non vai quedar a cousa aquí"

EuropaPress_2427623_Preview_Camioneros_salen_rumbo_a_Madrid_para_asistir_a_la_protesta_en_defensa_de_la_central_térmica_de_Endesa_en_As_Pontes

Os transportistas afectados polo peche da central térmica das Pontes volverán encerrarse a partir desta terza feira, 7 de xaneiro, no Concello mentres prevén realizar novas protestas.

"Quietos non imos quedar", advirte Manuel Bouza, camioneiro do colectivo de transportistas, en declaracións a Europa Press este sábado.

"Non vai quedar a cousa aquí", asegura sobre o peche da planta de Endesa, se ben sinala que se preparan manifestacións que fagan "o menor dano posíbel á cidadanía".

Ademais, Bouza confía en que as probas para con biomasa como alternativa ao carbón dean resultados positivos. Neste sentido, cre que a Xunta "ten que apostar moito polos lodos", xa que "non hai onde botalos" e existe na galiza un problema con estes residuos.

Endesa resérvase o dereito de retirar esta solicitude de peche, total ou parcialmente, no suposto de que, como resultado de probas adicionais de combustión con diferentes mesturas de combustíbel, que se levarán a cabo nos próximos meses, puidesen variar os resultados e garantir a viabilidade da planta.

Comentarios