Os tractores volven a Lugo e as explotacións advirten de boicots no Nadal

A Plataforma en defensa do sector lácteo podería endurecer a súa resposta perante os incumprimentos por parte da industria e da distribución.

TRactorada @jpenalta
photo_camera [Imaxe @jpenalta]

Desde a seguda feira comezaron con distribucións informativas perante as áreas comerciais. Porén, desde a Plataforma en defensa do sector lácteo advirten que poderían reanudar as tractoradas e os bloqueos á industria e distribuidoras durante o Nadal se non se cumpre co acordo asinado en Madrid a instancias do Ministerio

"É unha proposta que se está barallando", recoñeceu Óscar Pose (UPA) quen tamén sinalou que os pasos a seguir dependerán en boa medida das decisións que adopte a administración. E urxen que sexan "esta semana". Eis o prazo que estabelecen para que as subas dos prezos de venda ao público nas áreas comerciais revertan en orixe. 

Pola súa banda, o grupo de explotacións gandeiras de Lugo lideradas por Roberto López, que mantiveron o principal vial da cidade sitiado durante máis dunha semana, volverán a rodear a muralla o 10 de decembro. Así o comunicaron á Subdelegación do Goberno español a quen tamén transmitiron a posibilidade de que a mobilización se torne indefinida. 

O 10 de decembro os tractores volven a Lugo e advirten que a mobilización pode ser "indefinida"

Entrementres, a Plataforma continúa adiante cos repartos de información entre a veciñanza. 

  • 2 de decembro. Lugo Diante do centro comercial As Termas (12 horas).
  • 3 de decembro. Pontevedra. Rolda de imprensa na Casa do Concello, xunto ao rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores  ás 12h. e reparto de información perante o Dia da rúa Santa Clara.
  • 4 de decembro. Ferrol. Polígono das Gándaras ás 12h.
  • 5 de decembro. Vigo. Centro comercial Gran Vía ás 12h.

Comentarios