Os tractores marchan de Lugo

Así o acordou Agromuralla que explicará as razóns na sexta feira (15 de xaneiro). 

LUGO

A tractorada que se mantiña arredor da muralla de Lugo desde o mes de decembro rematará esta sexta feira, 15 de xaneiro. Após 35 días rodeando o emblemático monumento, Patrimonio da Humanidade, e das queixas e ameazas proferidas desde a patronal luguesa, o colectivo convocante, Agromuralla, decisiu por votación dar por finalizada a protesta. 

Así o comunicaron esta quinta feira ao tempo que convocaron aos medios de comunicación para dar conta das razóns desta decisión. A comparecencia de imprensa terá lugar mañá. 

O obxectivo da tractorada, que regresou a Lugo após semanas de reivindicación no mes de setembro, era conseguir prezos dignos para as explotacións produtoras de leite. 

En asemblea, a práctica totalidade da produción láctea luguesa acordou tamén constituír unha OLP e iniciar os trámites para a creación dun grupo lácteo galego co que recoller e transformar o leite do país. 
 

Comentarios