Tractores dirixen as súas accións contra Día

Após arrincar acordos a Carrefour, Lidl e Eroski, bloquean o centro loxístico da distribuidora francesa en Compostela.

Afriga
photo_camera [Imaxe Afriga]

A produción continúa a facer o traballo do goberno galego. Nas últimas semanas iniciaron de novo bloqueos contra as distribuidoras que, embora asinaren o acordo lácteo no mes de setembro, non repercutiron o incremento do prezo de venda ao público nun aumento do que se paga en orixe polo leite. 

Con presión, conseguiron arrincar xuntanzas bilaterais con Eroski, Carrefour e Lidl que se comprometeron a revisar os prezos e mesmo aumentar dous céntimos o pagamento ás industrias provedoras para que estas as revertan no que pagan ás explotacións. Con Carrefour mesmo se lanzou a idea de crear unha marca branca que permita pagar o produtor 33,8 céntimos o litro, algo que, asegura a distribuidora francesa, sería efectivo nun prazo entre 2 e 3 meses.

Após estas conquistas, os gandeiros dirixiron os seus tractores na noite do 22 de decembro cara o centro loxístico de Día en Compostela. Alí concéntranse arestora centos de produtores e vehículos agrarios procedentes da Coruña e Lugo procuran selar un acorto semellante ao alcanzado noutras áreas comerciais. 

Entretanto, a Consellaría de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura continúan sen facer nada, embora térense presentado no mes de setembro como administracións garantes do cumprimento dun acordo que, tres meses despois de ser asinado, non se cumpre. 

Comentarios