Seis traballadores mortos en accidente laboral na Galiza no que vai de mes

Os principais sindicatos xa solicitaron a convocatoria do Consello Galego de Seguridade e Saúde no Traballo para analizar a situación.

sinistralidade laboral
photo_camera (Arquivo)

No mínimo 6 traballadores e traballadoras mortas na Galiza en accidentes laborais no que vai de mes de xuño. Unha situación que os sindicatos cualifican como insoportábel e que levou a CIG, CCOO e UXT a pedir a convocatoria do Consello Galego de Seguridade e Saúde no Traballo. U

nha petición da que informa Comisións, cuxo secretario de Saúde Laboral, Roi Fernández, considera que “cómpre analizar cales son as causas que están a provocar a alta sinistralidade que se rexistra no noso país”.

Esta quinta feira falecía un operario de 45 anos despois de caer desde unha grande altura e sufrir un golpe na cabeza mentres traballaba nunha empresa situada no Polígono da Granxa do Porriño.

Ao longo de 2019 un total de 32.651 traballadores e traballadoras sufriron accidentes na Galiza, sinistros nos que se produciron 62 mortes.

Galiza está á cabeza do Estado español en índice de incidencia (número de accidentes por 100.000 traballadores) en sinistros laborais mortais. Duplicamos a media estatal no que é unha constatación máis do preocupante panorama que nos accidentes laborais rexistra Galiza. No Estado hai 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. Na Galiza hai 6.05.

Ademais, Galiza é o territorio con máis empresas que superan os límites de sinistralidade laboral

Comentarios