sábado 24/10/20

Traballadores de Alcoa manteñen as protestas

Cortan o tráfico na N-642 á altura do Castelo.

aLCOA PROTESTA ESTRADA sAN cIBRAO o CASTELO FOTO DA cig
Unha imaxe da protesta (Foto: CIG)

O domingo expira o prazo de negociacións entre Alcoa e Liberty House sobre a venda da factoría de San Cibrao e esta sexta feira persoal da planta da Mariña protagonizaron unha nova protesta para demandar unha solución para este enclave.

Traballadores de Alcoa cortaron a estrada N-642 á altura do Castelo após a asemblea que se realizou a primeira hora desta sexta feira.

A pouco máis de 2 días para que venza o prazo marcado entre Alcoa e Liberty House para fechar un acordo de venda da planta de aluminio primario de San Cibrao, as posturas seguen enquistadas, mais a tensión vai cobrando intensidade. E todo pola negativa de Alcoa a ceder nas súas pretensións, o que comeza a xerar inquedanzas tanto na Xunta como no Goberno español, que xa comezan a evidenciar o seu malestar coa posición defendida pola multinacional norteamericana. 

comentarios