‘Tod@s somos culpábeis’: autoincúlpanse perante o TSXG de defender a clase traballadora

Representantes sindicais de CIG, CCOO e UGT presentaron esta sexta feira na Fiscalía do TSXG un escrito de autoinculpación en solidariedade con Ana, Tamara, Carlos e Serafín.

indulto autoinculpacion sindicato

Representantes de CIG, CCOO e UGT autoinculpáronse perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) de ser "cómplices e indutor@s" de accións e mobilizacións "en defensa da clase obreira". A protesta enmárcase na campaña de mobilizacións que as tres centrais sindicais están a desenvolver baixo o lema “Defender os dereitos da clase traballadora non é delito”, en rexeitamento "á ofensiva opresora do PP e na demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara".

Manifestación en Pontevedra

Varios centos de persoas percorreron Pontevedra para, entre outras causas, rexeitar os últimos casos de represión sindical e reclamar o indulto para xas catro persoas condenadas a prisión por participaren en piquetes.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, afirmou que "non é casual que se estean a producir este tipo de sentenzas inxustas e desproporcionadas, xa que a Fiscalía e a Xustiza están a seguir as directrices do Goberno españo para criminalizar a resposta social ás medidas antiobeiras que está a aplicar”, indicou.

Mobilizacións o luns 30 de xuño

Estas accións realizáronse previamente á xornada central de mobilizacións convocadas no marco da campaña contra a represión sindical e pola defensa das liberdades democráticas, que terá lugar o vindeira segunda feira, 30 de xuño.

- A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.

- Ferrol: manifestación  dende a Praza de España ás 20.00 h. 

- Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.

- Ribeira:  concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.

- Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h.

- Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h. 

- Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h. 

- Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h. 

- Pontevedra: concentraciónna Praza da Peregrina ás 20.30 h.

- Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h. 

- Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.

Comentarios