Un terzo dos contratos laborais asinados en Galiza é de menos dunha semana

Dos 83.000 contratos de traballo subscritos en setembro máis de 25.000 eran por menos de 7 días e 9.300 son de entre unha semana e un mes. Só 280 eran por máis dun ano.

Desemprego
photo_camera Desemprego

A temporalidade e a precariedade son un factor determinante do mercado laboral galego. Non o único, mais si de peso, e a tenor dos dados do propio Ministerio de Traballo, cada vez máis. Unha análise polo miúdo dos dados do mercado de traballo de setembro, mes no que o paro rexistrado aumentou en Galiza en máis de 2.000 persoas, indica que case un de cada tres contratos laborais que se asinaron no país foi de menos dunha semana de duración.

Traballo temporal e precario que se centra, principalmente, no sector servizos, mais non só. De 87.185 contratos que se subscribiron en setembro, 25.147 foron para menos de 7 días. De entre unha semana e un mes firmáronse 9.305, e de 1 a 6 meses supera os 12.400. Só 280 eran de máis dun ano.dos 83.000 convenios laborais, tan só 4.226 son indefinidos.

De 87.185 contratos que se subscribiron en setembro, 25.147 foron para menos de 7 días

Ou sexa, só un 4,8%, mentres que o 95,2 por cento son temporais. Unha porcentaxe que foi medrando aos poucos desde hai anos, como levan denunciando de forma insistente os diferentes sindicatos.

Aliás, e parello a isto,  só o 49% das persoas desempregadas, 106.539, son beneficiarias dalgunha prestación e destas, só o 44,07% perciben unha prestación contributiva. 

Comentarios