Novas marcas

A temporalidade que se fai permanente

A taxa de temporalidade bate marcas na Galiza, confirmando un mercado laboral, o galego, no que a precariedade se sente como na casa. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 245. Eis un extracto.

camareiro bar hostalaría cervexa restaurante

Comezamos o ano con 825 mil persoas traballadoras asalariadas na Galiza. Delas, 220 mil teñan contrato temporal. Unha porcentaxe que aumentou un 6% a respeito de 2015 e que deixa unha imaxe onde os empregos fixos ou indefinidos se estancan, mentres os temporais aumentan. O emprego que se crea é pois unicamente temporal. Nada raro logo que Galiza figure na cabeza de Europa en canto a taxa de temporalidade cun 26%, é dicir, que de cada 100 asalariadas e asalariados que hai no noso país, 26 teñen contrato temporal.

5Só Polonia, cun 28%, ten mellores rexistros ca nós. E iso que en Galiza nos últimos anos fixemos méritos para disputarlle ese primeiro posto en precariedade na duración dos contratos. A nosa taxa de temporalidade era do 23,5% en 2014, aumentamos a 25,4% en 2015 e fechamos 2016 no 26%. A taxa media europea de temporalidade, por certo, está no 14%. A piques estamos de duplicala.

Levamos anos en Galiza batendo marcas a respeito do número de contratos asinados. Mesmo durante os anos máis duros da crise, con destrución de emprego, aumentaban as estatísticas de contratos que se rubricaban no noso país. Así, se ben entre 2009 e 2011 descendeu a cifra de contratos, a partir dese ano comezou a aumentar embora seguirse a se destruír emprego. O motivo? A temporalidade.

[A reportaxe íntegra aparece no Sermos245, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

Comentarios