Tarifa plana para persoas traballadoras autónomas, 80 por cento de fracasos

Ás veces, o que semella unha boa medida non é tal ou, no mellor dos casos, non o é tanto. Iso é o que acontece coa tarifa plana de 50 euros para novas persoas autónomas: segundo os dados das organizacións, 80% fracasan menos de tres anos despois da posta en marcha dos seus negocios. A realidade das cifras é ben teimuda: en 2008 había na Galiza 250.000 autónomos; hoxe son 212.500.

autos-montalt-5-ventajas-de-llevar-tu-coche-a-la-red-de-talleres-ford-8313

2Unha das demandas históricas das persoas autónomas é a redución das cotizacións á Seguridade Social, unhas das máis altas, segundo demostran as estatísticas, da Unión Europea. Nun contexto de contracción do mercado laboral, e coa idea de fomentar o emprendemento, o Goberno central decidiu pór en marcha en 2013 a chamada “tarifa plana”, unha cota mensual reducida de 50 euros para novos autónomos que experimentou diversos cambios nos últimos tempos, como é o caso da ampliación dos seis meses iniciais ou a eliminación do requisito de ser menor de 30 anos para poder acceder a este beneficio.

Segundo os datos do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, máis de 65.000 galegas e galegos teñen accedido a este desconto, o que sitúa o país na quinta posición en número absoluto de beneficiarios no conxunto do Estado.

As cifras, que a priori resultan positivas, agochan, non obstante, algunhas eivas que as propias organizacións de autónomos cualifican de preocupantes. De feito, o presidente da Federación de Autónomos de Galiza (Feaga), Francisco Javier Pérez Bello, explica que se ben “é certo que ten axudado a novos emprendedores na primeira fase de implantación e que permitiu tamén aflorar centos de empregos que estaban en economía somerxida, tivo dous efectos perversos”. Pérez Bello refírese, en primeiro lugar, ao que afecta ao propio sistema: “Aínda tendo aumentado o número de cotizantes”, apunta, “os ingresos diminúen ao diminuír a cotización”. Así, a nivel xeral calcúlase que neste 2018, o réxime de autónomos (o RETA) gastará 17.800 millóns en pensións (case 13.000 en xubilacións), mentres a recadación apenas chegará a 11.500 millóns, “117 menos que en 2017”, lembra o portavoz de Feaga.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 297, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios