Suspendida a folga do persoal técnico de incendios após o preacordo coa Consellaría

“A prioridade agora é retomar a mesa de negociación co fin de acadar un novo acordo de condicións de traballo para este persoal empregado público”.
Concentración de persoal forestal técnico de loita contra incendios diante de S. Caetano (Foto: Arxina)
photo_camera Concentración de persoal forestal técnico de loita contra incendios diante de S. Caetano (Foto: Arxina)

O persoal técnico forestal do SPIF acorda a suspensión da folga mentres se manteñan as negociacións coa Consellaría que veñen de principiar. Logo das tres reunións mantidas cos representantes da Consellería de Medio Rural, nas que se concretaron varios dos compromisos acordados na Asemblea de traballadores e, os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, xunto co comité de folga, veñen de acordar a suspensión da folga indefinida, convocada o 1 de agosto de 2020.

“A prioridade agora é retomar a mesa de negociación co fin de acadar un novo acordo de condicións de traballo para este persoal empregado público”, indican nun comunicado.

A negociación vaise realizar por bloques e contase con rematar cun novo Acordo de condicións de traballo o vindeiro 31 de decembro de 2020, “no que ademais das melloras das condicións de traballo tamén se abordarán o plan formativo, a segunda actividade ou a inclusión do colectivo nun acordo estatal de coeficientes redutores para a xubilación anticipada”.

Comentarios