Paulo Carril, secretario de Organización da CIG

“Sobran razóns para saír á rúa”

 Escribimos sobre as reivindicacións do Primeiro de Maio no 244 de Sermos Galiza.

[Imaxe: SG] Paulo Carril
photo_camera [Imaxe: SG] Paulo Carril

A CIG enmarca este 1 de Maio na campaña que puxo en andamento a finais de 2016 pola recuperación dos dereitos laborais e sociais coa finalidade de lograr unha derrogación das medidas lesivas para a maioría social.

É unha campaña para recuperar o que nos quitaron nestes anos de crise, para derrogar todas as medidas que propiciaron iso. Mais esas políticas non se deron só nestes anos de PP, tamén houbo medidas adoptadas con anterioridade, como a reforma laboral de Zapatero,  que atacaban as conquistas logradas polos traballadores. Así pois, o que pretendemos é reverter esas actuacións que levaron a atacar as pensións públicas, a reducir salarios, a recortar coberturas sociais; medidas que propiciaron ademais que aumentasen a pobreza e o traballo precario e temporal.

2O PP perdeu a maioría absoluta e iso abre unha porta...

O Partido Popular non ten maioría absoluta no Congreso e faise dificilmente entendíbel como é que todas as reformas que impulsaron nestes anos non se derrogan. Por iso é necesaria a mobilización social, formular a necesidade de ir a máis nesta dinámica de resposta social, mesmo chegando a unha convocatoria de folga xeral. Non debemos perder de vista, ademais, que no ámbito galego seguen a engadirse medidas lesivas e prexudiciais para crear emprego no país, para evitar que a xente teña que emigrar, que eviten a desertización industrial...

Falas da posibilidade dunha folga xeral. Credes que teriades apoio doutros axentes sindicais?

Nós vemos que CCOO e UXT están facilitando a aplicación das políticas deste goberno, sumidos ambos os dous no diálogo social e na negociación entre bambalinas coa patronal. Independentemente do que consideren eles, nós entendemos que hai que dar unha resposta social a estas políticas. Nós non falamos dunha folga xeral por falar, nin por un alarde de radicalidade, senón porque a situación obriga. Se na dinámica parlamentar non son quen, agora que o PP non ten maioría, de botar abaixo todas esas agresións á clase traballadora, teremos que conseguilo coa mobilización social.

Lugares e horarios das distintas mobilizacións da CIG.

-Vigo: no cruce da Dobrada ás 12:00 horas.

-Cangas: na Praza do Concello ás 19:00 horas.

-Coruña: na Praza de Vigo ás 12:00 horas.

-Cee: na Praza do Concello ás 12:30 horas.

-Compostela: na Praza Roxa ás 12:30 horas.

-Ribeira: na Praza do Peixe ás 12:00 horas.

-Ferrol: na Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 12:00 horas.

-Lugo: na Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 12:00 horas.

[Podes ler a entrevista íntegra e mais a reportaxe sobre o 1 de Maio no número 243 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios