Sindicatos e patronal do transporte reuniranse esta quinta feira para tratar de "evitar a folga"

Despois de alcanzar un principio de acordo sobre a actualización das táboas salariais para compasalas ao IPC nunha reunión que permitiu a suspensión da folga de 48 horas convocada para o 25 e 26 de abril, parte social e empresarial regresaron á mesa na tarde da terza feira para retomar as conversas.
Protesta do sector do transporte por estrada, esta terza feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
photo_camera Protesta do sector do transporte por estrada, esta terza feira en Compostela (Foto: Nós Diario).

Sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros volverán reunirse na mañá da quinta feira para continuar coas negociacións para renovar os convenios colectivos provinciais e tratar así de ‘esquivar’ a folga indefinida que CIG, CCOO e UXT iniciarán a partir do próximo 8 de maio se non hai pacto.

Despois de alcanzar un principio de acordo sobre a actualización das táboas salariais para compasalas ao IPC nunha reunión que permitiu a suspensión da folga de 48 horas convocada para o 25 e 26 de abril, parte social e empresarial regresaron á mesa na tarde da terza feira para retomar as conversas.

Fontes sindicais e da patronal sinalaron que, canalizada a parte salarial, a negociación enfócase agora á distribución da xornada dos traballadores, que condiciona a programación dos servizos ao tratarse dun sector no cal está fixado por lei os descansos dos condutores.

Ademais de pactar subidas salariais de 6,5% e de 5,7% en concepto do incremento do IPC polos dous últimos anos 2021 e 2022, da reunión de hai unha semana tamén saíu o compromiso para levar a cabo unha negociación de "mínimos" a nivel galego que dote de certa homoxenización os catro convenios da Galiza.

Ambas as partes incidiron en que as particularidades dos servizos que se prestan complican a posibilidade de dar uniformidade aos convenios, especialmente na distribución das xornadas.

Así o apuntou o portavoz da Federación Galega de Transportes (Fegatramer), Carlos García Cumplido, que subliñou que a xornada dos traballadores do transporte de viaxeiros "non é como o dunha oficina" e deben terse en conta "moitas continxencias"; aínda que defendeu que a reclamación da patronal non está en reclamar un incremento das horas semanais.

A patronal

Pola súa parte, a patronal espera que a Xunta da Galiza dea pasos cara á revisión dos prezos dos contratos por causa dos “custos da prestación dos servizos licitados en 2019”.

Comentarios