Sindicatos da sanidade exixen responsabilidades penais polo contaxio de ébola

As denuncias acumúlanse perante a Fiscalía de Madrid. Algunhas mesmo anteriores ao contaxio de Teresa Romero.

O Sindicato de Auxiliares de Enfermaría (SEA) denunciou o 10 de outubro perante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid as "accións ou omisións" que por parte das autoridades sanitarias puidesen ter suposto un delito no tratamento do virus do ébola. A súa demanda, presentada á Fiscalía de Madrid, súmase ás de sindicatos da sanidade, como CC.OO, UGT e organizacións como a Asociación Madrileña de Enfermaría. 

As denuncias, presentadas nalgúns casos antes do contaxio de Teresa Romero, visan determinar se as decisións adoptadas pol@s responsábeis de Sanidade poderían constituír un delito penal, nomeadamente, a respeito da normaliva de saúde e hixiene laboral. 

Segundo o tipificado na lexislación española, o feito de que Teresa Romero puider ter cometido un fallo durante o desenvolvemento da súa actividade --como argüen as autoridades sanitarias, o goberno español e a imprensa conservadora-- non eximiría das súas responsabilidades á administración pois esta, ao igual que acontecería con calquera empresa, ten a obriga de protexer @s traballador@s. 

Que Teresa Romero puider ter cometido un fallo durante o desenvolvemento da súa actividade non eximiría das súas responsabilidades á administración

Neste senso, o Código Penal e a xurisprudencia, determinan que para garantir a debida protección laboral é preciso fornecer @s operari@s dos medios e a formación necesarias. Un feito que, para as organizacións sindicais e sanitarias, non se tería producido con anterioridade ao contaxio de Romero e mesmo sería deficitaria na actualidade. 

Esta obriga legal exténdese, matiza o Supremo nunha sentenza de 2001, para alén das "imprudencias" d@s traballador@. Neste senso, como fixa o artigo 15 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, as medidas proporcionadas pola empresa --a administración no caso do ébola-- deben prever as distraccións ou imprudencias non temerarias que puider cometer @ operari@

Desde o Sindicato de Auxiliares de Enfermaría (SAE) lembran que recibiron "información, non formación", por exemplo á hora de se colocaren os traxes que exixe o protocolo.

Comentarios