Sindicatos convocan concentracións en Pontevedra para esixir "EPI adecuados" e incremento de persoal

EuropaPress_2892721_trabajadores_sanitarios_entran_habitacion_paciente_negativo_covid-19
photo_camera (Europa Press)

Os sindicatos de profesionais sanitarios CESM, CIG, Comisiones de Base (Cobas), O'Mega, Prosagap e TSP. convocaron dúas concentracións en Pontevedra esta semana para demandar á Consellería de Sanidade "EPI adecuados", test PCR e incremento de cadro en Atención Primaria e os hospitais provincial e Montecelo no marco da crise pola COVID-19.

Segundo concretaron nun comunicado conxunto, piden a Sanidade "unha planificación eficiente que garanta o desenvolvemento das súas competencias", para o que consideran "imprescindíbel dotar ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) dos Equipos de Protección Individual (EPI) adecuados e necesarios"; así como de “test PCR para todos a profesionais da área" e que se incremente o cadro "nos termos que se necesitan para poder manter a súa actividade cunhas mínimas garantías a consecuencia do coronavirus COVID-19".

Os representantes das e dos traballadores sanitarios deste seis centrais sindicais consideran que as súas reivindicacións "son necesarias". Por iso, para "manifestar o seu descontento e malestar", indicaron, convocan concentracións ás portas dos hospitais Provincial de Pontevedra, ás 12,00 horas, e Montecelo, ás 11,00 horas, desta terza feira 28 e quinta feira 30 de abril.

Comentarios