mércores 20/01/21
A Xunta lamenta esta circunstancia

Siemens Gamesa fecha a súa planta das Somozas

Un total de 241 traballadores e traballadoras da planta das Somozas vanse ver afectados por esta medida de Siemens.
Imaxe dunha asemblea do persoal da planta de Siemens nas Somozas o pasado 8 de xaneiro. (Foto: Europa Press)
Imaxe dunha asemblea do persoal da planta de Siemens nas Somozas o pasado 8 de xaneiro. (Foto: Europa Press)

Na segunda feira, a empresa Siemens Gamesa fixo o anuncio de que fechará as súas plantas das Somozas e de Cuenca.

Desta maneira e entidade inicia un procedemento para un  despedimento colectivo que lle afecta a un total de 266 traballadores e traballadoras de ambas as dúas as factorías.

A da Galiza vai ser a fábrica que se vexa máis afectada por estes despedimentos, cun total de 215 empregadas e empregados; mentres a planta de aeroxeradores de Cuenca padecerá 51 baixas no seu cadro de persoal.

O presidente do comité de empresa das Somozas, Sergio López (UXT), explicou en declaracións a Europa Press que a dirección emprazara o cadro de persoal para as 9 horas da terza feira, día 12, para iniciar as negociaciones dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo para os traballadores e as traballadoras.

O grupo empresarial, liderado pola multinacional Siemens, comunicoulle á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) que este proceso se desenvolve "de conformidade co previsto no artigo 51 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores de das Traballadoras e do Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, que aproba o Regulamento dos Procedementos de Despedimento Colectivo e de Suspensión de Contratos e Redución de Xornada".

Desde o Goberno da Galiza, a Xunta lamentou esta circunstancia e expresou “o seu rexeitamento” ao anuncio realizado por Siemens Gamesa a fechar as plantas “nun momento de expansión do sector no Estado español”.

Da mesma maneira, amosaron a disconformidade coa medida da empresa, tanto o Goberno español como o de Castela-A Mancha.

Nas últimas semanas, o cadro de persoal levou a cabo xornadas de folga indefinida debido á falla de carga de traballo, así como en protesta pola pouca comunicación coa dirección da planta.

A empresa nomeara novo presidente para o Estado español o pasado mes de novembro. Desde entón, Enrique Pedrosa compaxinou o seu novo cargo co posto que xa ostentaba na compañía como xefe rexional de eólica terrestre.

comentarios