Alcoa e sindicatos non acadan acordo de conciliación e realizarase o xuízo polo ERE en San Cibrao

José Antonio Zan, Alcoa  Marta Vázquez Rodríguez  Europa Press
photo_camera José Antonio Zan (Foto: Marta Vázquez / Europa Press)

Alcoa e os sindicatos da factoría de San Cibrao, en Cervo, non acadron acordo de conciliación esta quinta feira, polo que se vai realizar o xuízo ao longo desta mañá pola demanda contra o despedimento colectivo que afecta a 524 traballadores da planta de aluminio

As partes reuníronse desde as 9:15 horas na Coruña nun acto de conciliación que terminou pouco antes das 10:00 horas sen acordo, segundo informou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) celebra agora o xuízo. Así mesmo, o comité espera que os xuíces lles dean a razón e urxen o Goberno español a unha proposta e que tome decisións políticas "xa".

Comentarios