Seguimento total da greve indefinida en Bershka de Pontevedra “para rematar coa discriminación entre traballadoras”

imaxe
photo_camera imaxe

A totalidade das traballadoras de Bershka na provincia de Pontevedra secundou a segunda xornada da greve indefinida convocada contra a discriminación laboral na empresa pertencente ao grupo téxtil Inditex. Esta marca ten cinco tendas na provincia: Vigo, Pontevedra e Vilagarcía.

CIG-Servizos pide que a patronal acepte negociar as diferentes condicións de traballo existentes entre o persoal das distintas provincias galegas. Algo que afecta a aspectos referentes á xornada laboral, pluses e retribucións, permisos e excedencias, lactancia, vacacións e incapacidade permanente.

As traballadoras/es da provincia de Pontevedra pretenden que se lles apliquen as melloras logradas en provincias como a da Coruña, o que permitiría rematar coa discriminación laboral tanto entre as distintas marcas do grupo téxtil (Bershka e Kiddy's Class de Pontevedra foron as únicas que se negaron a pactar as melloras) como entre as empregadas fixas eventuais.

Comentarios