Seguimento masivo na primeira xornada de folga de 24 horas na empresa Coasa

O persoal reclama unhas mellores condicións laborais e continuarán a folga varios días máis deste mes.
Primeira xornada da folga de Coasa (Nós Diario)
photo_camera Primeira xornada da folga de Coasa (Nós Diario)

A primeira das seis xornadas de folga previstas na compañía ourensá do sector aeronáutico Coasa para reclamar unhas condicións laborais dignas tivo un seguimento masivo, segundo fontes da CIG.  O paro de 24 horas desta terza feira secundouno 95% do persoal de produción e 75% do de oficinas. 

O presidente do comité, Rubén Ramos, explica que a decisión de levar a cabo as xornadas de folga foi adoptada en asemblea pola maioría do cadro de persoal ante o "estancamento" das negociacións da plataforma anexa ao convenio de Químicas que actualmente rexe algúns aspectos salariais e de permisos das traballadoras e traballadores. A folga continuará esta cuarta e quinta feiras e todas as terzas e quintas feiras de marzo.

Comentarios