TRABALLO

Seguimento maioritario no primeiro día de folga do 061

Seguimento maioritario no primeiro día de folga do 061

As traballadoras e traballadores do 061 secundaron maioritariamente a folga no seu primeiro día. Protestan contra o traslado do seu centro de traballo de Compostela á Estrada sen que a Xunta atenda ás súas demandas de compensación.
 

folga 061 primeira xornada
photo_camera Concentración na primeira xornada da folga do 061. Foto: CIG.

O persoal non sanitario do servizo de emerxencia sumáronse ao paro. O persoal sanitario estivo sometido a uns servizos mínimos do 100% decretados polo Goberno do PP. O comité de folga recurriunos nos xulgados. Malia esta situación, algúns profesionais da sanidade participaron nas concentracións perante a actual sede da central de emerxencias en San Marcos (Compostela).

O comité considera abusivos os servizos mínimos, “xa que impiden o dereito a greve”. Tamén criticou a actitude dos responsábeis do 061, que obrigaron a retirar cartaces que convocaban os empregados e empregadas ao paro. “Estudamos emprender accións legais contra esta actuación”, asegura.

Ademais da folga do persoal estatutario do 061, as traballadoras e traballadores da central de coordinación 061 de urxencias sanitarias -xestionada polo grupo Norte- iniciará folga indefinida este sábado 4 de agosto. Desenvolverase con paros parciais cada luns, sábados e fereiados de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 20.00 horas, segundo informa a CIG.

comentarios