Seguimento maioritario da folga de Extel malia o intento de boicot da empresa

CIG cifra en 65% o seguimento do paro de 24 horas contra os despedimentos “por enfermar”.

A xornada de folga convocada pola CIG na plataforma de Extel na Coruña contra a decisión “unilateral da empresa” de limitar o uso das horas médicas e a non validación dos partes de repouso, tal e como se veu facendo nos últimos 20 anos, tivo un seguimento de 65%, segundo a CIG.

“As traballadoras e os traballadores de Extel na Coruña están dando esta xornada unha nova mostra de dignidade e, a pesar dos intentos de boicot da empresa anunciando sorteos miserentos entre quen non se ausente do seu posto esta semana”, manifestan desde a central nacionalista.

A sección sindical da CIG lembra que xa foron despedidos e despedidas catro traballadoras por este motivo e que a empresa, “e o conxunto da patronal do sector xa manifestou”, na xuntanza da mesa do convenio colectivo estatal, a súa intención de continuar aplicando o artigo 52d do Estatuto de Traballadores, “que facilita os despedimentos por coller baixas de curta duración”.

A folga desenvólvese na véspera da reunión que a nova xerencia de Extel (adquirida hai unhas semanas por ABS) manterá esta quinta feiras co comité.

Comentarios