O sector lácteo galego, o peor remunerado do Estado

Segundo os últimos datos do Ministerio de Agricultura, o prezo é de 35 céntimos/litro.
Explotación láctea galega (Foto: Europa Press). #gandaría #leite #sectorlácteo #vacas
photo_camera Explotación láctea galega (Foto: Europa Press).

O prezo do leite que vende o sector ganadeiro galego repuntou en novembro do pasado ano até os 35 céntimos por litro (eran 34,2 céntimos en outubro), segundo os datos que vén de publicar o Ministerio de Agricultura.

Porén, esta cifra segue á cola do Estado, onde a media fica en 36,2 céntimos/litro.

O seguinte territorio cunha peor tarifa é A Rioxa, con 35,2 céntimos/litro.

Deste modo, o dato galego sitúase case tres céntimos por baixo do prezo na veciña Asturies.

Perda de granxas

Pola súa parte, as granxas con entregas lácteas na Galiza continúan á baixa, con 6.432 en novembro, once menos que o mes anterior.

No que atinxe á produción, no undécimo mes de 2021 caeu até as 339,3 toneladas, unhas nove menos que en outubro.

Protestas do sector

O sector lácteo galego vén denunciando esta situación nos últimos meses a través de diferentes mobilizacións por todo o país.

Comentarios