O sector gandeiro galego bótase á rúa contra os baixos prezos

"A actual situación de imposición de contratos conducirá á ruína total senón se toman medidas para controlalo", aseguran dende a Organización de Produtores de Leite, que convoca unha protesta para esta segunda feira. 

leiteb greve
photo_camera Greve no pasado do sector


O sector gandeiro galego manifestaranse esta segunda feira nas rúas de Santiago de Compostela para esixir unha solución á situación crítica do sector. Denuncian que a industria está a aumentar a presión co novo sistema para obrigar aos produtores a aceptar “prezos de miseria”.

A concentración terá lugar ás 12 horas fronte a Consellaría do Medio Rural e do Mar. Foi convocada pola Organización de Produtores de Leite (OPL) ante “as numerosas solicitudes recibidas dende toda Galiza nun momento moi delicado”.

A concentración terá lugar ás 12 horas fronte á  Consellaría do Medio Rural e do Mar. 

O sector lácteo afronta un futuro incerto despois do final do sistema de cotas, vixente dende 1986. “Precisamos dun sector forte e unido contra os abusos que realizan as administracións, a industria e a distribución. A actual situación de imposición de contratos conducirá á ruína total senón se toman medidas para controlalo”, apuntan dende a OPL.

O leite máis barato de Europa

O Sindicato Labrego Galego asegura que a industria está a ofrecer entre 26 e 28 céntimos por litro de leite. Consideran que a falta de mecanismos actual supón a privatización do sector ao darlle á industria o poder sobre as negociacións.

Se o sistema de cotas provocou o peche do 91% das granxas na Galiza durante catro décadas, o actual pode rematar definitivamente co sector. Os produtores galegos recordan que xa teñen os prezos máis baixos do estado español e de Europa.

Comentarios