Remata a greve de transportistas en Begano

O paro iniciárase polas condicións de traballo impostas desde a empresa que pretendía xerir o transporte dos produtos através dunha contrata búlgara.

Begano _ Wikipedia
photo_camera Begano [Imaxe Wikipedia]

Os transportistas de Begano --empresa que distribúe Coca-cola en Galiza, Asturies e León-- cesaron a greve que mantiñan desde o 4 de maio após alcanzaren un acordo coa dirección da entidade. O cerne do conflito residía nas condicións laborais que pretendía asinar Begano e que pasaba pola xestión do servizo de transporte através dunha contrata búlgara. 

Após unha intensa negociación, segundo as declaracións recollidas pola Radio Galega, ambas as dúas partes chegaron a un acordo. Neste senso, os transportistas continuarán a traballar de maneira directa para Begano e non para contratas foráneas --con sede en Zaragoza-- localizadas en Bulgaría e Romaría. 

O cadro de persoal encargado da distribución denunciaba que as condicións que pretendía fixar Begano os "escraviza" ao seren contratados con prezos "inferiores ao 35%" dos que mantiñan até o de agora. Finalmente, manterán as condicións actuais. 

Comentarios