Protesta do sector das telecomunicacións diante do Parlamento

Traballadoras e traballadores de telecomunicacións denuncian precariedade, perda de emprego e deslocalizacións.
Concentración sector telecomunicacións (Nós Diario).
photo_camera Concentración sector telecomunicacións (Nós Diario).

Varios centos de traballadoras e traballadores do sector de telecomunicacións concentráronse onte diante do Parlamento para demandar aos grupos políticos que exerzan presión na Xunta da Galiza para que se cree unha mesa galega de Telecomunicacións.

Nela terían que abordarse os principais problemas que sofre o sector, como a perda de emprego, as deslocalizacións e a precarización das condicións laborais. A convocatoria partiu conxuntamente das federacións da CIG de Banca, Industria e FGAMT, que aglutinan o persoal empregado no sector das telecomunicacións, na actualidade máis de 5.000 traballadoras e traballadores na Galiza.

Comentarios