“Primeiro as persoas”: CCOO e UXT convocan un Primeiro de Maio conxunto con 9 mobilizacións en Galiza

A manifestación central será na Coruña. Ambas centrais chaman a mobilizarse por “+ dereitos + igualdade + cohesión”.

CCOO UXT Sarmiento Gómez

CCOO e UXT volven marchar da man o Primeiro de Maio. Unha unidade que en Galiza se concreta en 9 mobilizacións conxuntas, cun acto central que este ano será na Coruña. “Primeiro as persoas: + dereitos + igualdade + cohesión” é o lema deste ano.

Tanto Ramón Sarmiento (CCOO) como José A. Gómez (UXT)  subliñaron o feito de que este 1M sexa poucos días despois das eleccións do 28A. Independentemente dos resultados, desde ambas as dúas centrais aclaran que este Primeiro de Maio vai ser de reclamar tanto ao goberno do estado como de Galiza “máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión”.

Chegou o momento das “persoas primeiro” e de exixir que se “restitúan” os dereitos afectados polos anos de crise e de recortes. ​José Antonio Gómez insistiu en que “nós, UGT e CCOO, imos estaraí, vixiantes, para que, sexa cal sexa o goberno que se configure,sitúen ás persoas, aos traballadores e ás súas familias no centro das súas políticas”.

Sarmiento lembrou que “nos xogamos moito” nestas elección e considera necesario que das urnas saia un gobernó “que empatice coas reivindicacións da clase traballadora”.

As manifestacións convocadas para este Primeiro de Maio son:

A Coruña 12h, Praza da Palloza

Santiago, 11.30h, Alameda

Ferrol, 12.00h, Inferniño-Porta Nova

Lugo, 12.30h, Ronda Muralla

Burela (só UXT), 12.00h, Praza Mariña

Ourense, 11.30h, Pavillón Remedios

Pontevedra, 12.00h, Praza Ferrería

Vilagarcía de Arousa, 12.00h, Praza Ravella

Vigo, 11.30h, Cruzamento Urzáiz-Vía Norte

Comentarios